Particulares

Xestión de conflitos


Pola nosa experiencia, sabemos que moitos dos conflitos interpersoais poden resolverse máis rápido sen necesidade de acudir aos tribunais, polo que, como paso previo á presentación da demanda, buscamos a mellor alternativa extraxudicial á resolución do conflitos, para os que desenvolvemos unha estratexia acorde cos obxectivos do noso cliente.

  • Un dos nosos servizos máis demandados é a NEGOCIACIÓN de débedas como mecanismo para a recuperación de impagos, nestes casos negociamos acordos de pagamento, retiradas, aprazamentos e / ou buscamos fórmulas alternativas que satisfagan as necesidades dos nosos clientes.
  • Tamén actuamos como INTERMEDIARIOS en todo tipo de conflitos, promovendo a solución amigable da disputa entre as partes, orientando o noso traballo cara á busca de solucións extraxudiciais.
  • Outras veces intervimos no conflito como MEDIADORES, o que nos permite ser creativos e facer propostas entre as partes e fortalecer as súas relacións persoais, minimizando posibles conflitos futuros.